InicioEconomíaO PP reclama a conexión de Balaídos á rede de 'moi alta...

O PP reclama a conexión de Balaídos á rede de ‘moi alta tensión’

O alcalde ponse "a disposición" de PSA para lograr o proxecto, dous anos despois de anunciar que era inminente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP impulsará diversas iniciativas no Congreso, o Senado e o Concello de Vigo para reclamar a inclusión do polígono de Balaídos na planificación de Rede Eléctrica Española (REE) e a súa conexión á rede de ‘moi alta tensión’ (MAT), unha medida reclamada desde hai anos pola planta de PSA, e que lle serviría para mellorar a súa subministración enerxética e abaratar custos.

O portavoz do grupo municipal ‘popular’, Alfonso Marnotes, advertiu de que a exclusión dese polígono empresarial da rede de MAT “é un auténtico ataque ao corazón industrial de Galicia“, e lembrou que Vigo é a única gran cidade española que aínda non ten conexión á rede de 220 kw.

Marnotes lembrou que o alcalde anunciou en varias ocasións que o Goberno contemplaba esa conexión e constatou que “enganou e mentiu a todos”. “Non podemos consentir que o alcalde mire para outro lado, que aplauda os ataques do Goberno á cidade”, proclamou, e engadiu que o PP exporá unha “ofensiva” de iniciativas en todas as institucións para “esixir un posicionamento claro a favor da cidade” e para que a inclúa na planificación enerxética de Rede Eléctrica.

A deputada autonómica Teresa Egerique avanzou que o grupo popular rexistrou unha proposición non de lei para instar á Xunta a que demande a inclusión no plan plurianual 2021-2026 de Rede Eléctricade unha nova subestación en Balaídos para atender a demanda de PSA e do resto de empresas.

CONGRESO E SENADO

Pola súa banda, o deputado Diego Gago denunciou que este proxecto non só non aparece na planificación futura de Rede Eléctrica, senón que foi “eliminado” da anterior”. “Foi o PSOE unha vez máis o que eliminou un proyeto capital, e é un novo ataque a un sector clave”, criticou, e confirmou que o PP reclamará no Congreso que se recupere esa actuación.

Por último, a senadora Elena Muñoz lembrou que, aínda que o proxecto estaba na anterior planificación de Rede Eléctrica, era necesario que se declarase a condición de excepcionalidade (xa que Vigo non chega ao mínimo de demanda para ter conexión á rede MAT). “Pero dábannos longas”, afirmou, e explicou que o PP preguntará ao Goberno “por que excluíu esta infraestrutura”, que é “irrenunciable” para a cidade.

RESPOSTA DE ABEL CABALLERO

Pola súa banda, o alcalde da cidade, Abel Caballero, cuestionado polos medios acerca da exclusión de Vigo da planificación enerxética de REE, limitouse a afirmar que, “se PSA considera que é tan importante”, terano “á súa disposición” para facer o posible e conseguir esa conexión.

En todo caso, sinalou que ese proxecto “foi anunciado por Feijóo en 2013. “Como non o conseguiu? Gobernaba entón o PP, e non foi capaz de conseguir algo tan importante”, afirmou.

O rexedor anunciara hai dous anos que era inminente (“en meses”) a execución desa infraestrutura, e así o trasladou tras manter unha reunión co director da planta de PSA en Vigo. Naqueles momentos, a principios de 2019, Caballero xa mantivera contactos co Goberno de España para lograr ese proxecto.

En xullo dese ano, o Parlamento galego aprobou sen votos en contra unha proposición non de lei do PP para instar o Goberno a construír a nova subestación eléctrica de Balaídos, contemplada na planificación de REE do período 2015-2020.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...