InicioEconomíaDenuncian un “entramado” de subcontratas de Amazon para pagarlle menos aos traballadores

Denuncian un “entramado” de subcontratas de Amazon para pagarlle menos aos traballadores

UGT denuncia estas prácticas ante a Inspección de Traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sector do transporte de UGT volveu a denunciar “graves irregularidades” por parte das empresas subcontratadas por Amazon no Porriño, encargadas das súas reparticións. Desde que abriu a plataforma loxística na Louriña, o sindicato alerta nun comunciado dos “múltiples abusos” que padecen os traballadores responsables de entregar os pedidos da multinacional nos domicilios dos seus clientes. Agora interpuxo novas denuncias ante a Inspección de Traballo.

O sindicato presentou este mesmo xoves ante a Inspección de Traballo de Vigo as últimas denuncias, baseadas na aplicación de “descontos salariais inxustificados polo uso dos vehículos de repartición“. “Algo que en ningún caso se axusta á legalidade”, expón UGT, que considera que o “armazón” de subcontratas de Amazon está a supor “unha espiral de subcontratas de subcontratas que prexudica as relacións laborais e precariza as condicións de traballo”.

“Lonxe de mellorar neste sentido, Amazon segue estando vinculada a casos de vulneración de dereitos en materia laboral. A plataforma líder en vendas parece non manter unha política estrita que garanta que as súas subcontratas cumpran coa lexislación laboral vixente no noso país, que garanta a custodia da aplicación do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías da provincia de Pontevedra e o resto de dereitos dos traballadores”, destaca o sindicato.

“Empresas como Tipsa e outras contratan á totalidade dos seus traballadores a través de Empresas de Traballo Temporal, o que supón un elo máis na cadea de intermediarios na relación laboral. Todo iso co consentimento e supervisión da afamada plataforma de venda“, indica. “En consecuencia, o noso sindicato vai seguir denunciando a precariedade e o incumprimento do convenio subscrito entre empresarios e sindicatos do transporte na provincia, co fin de que a lei e as regras en materia laboral sexan igual para todos, incluído para Amazon”, conclúe.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...