InicioEconomíaUnha multinacional escolle Vigo para lanzar a súa tecnoloxía de "atmosfera controlada"

Unha multinacional escolle Vigo para lanzar a súa tecnoloxía de “atmosfera controlada”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Distribuír produtos porta por porta e a unha temperatura e condicións moi controladas. Esa viría sendo a aplicación da nova tecnoloxía que unha multinacional implantará na península e que contará coa súa principal delegación en Vigo. A empresa en cuestión, DBSchenker, estaría a ultimar un sistema que garante a conservación “durante un tempo prolongado” de mercadorías con “requisitos extremos ou moi esixentes”, como poderían ser alimentos conxelados ou produtos farmacéuticos.

Nos últimos meses, a opinión pública asistiu a un desfile de vacinas nos que se foi explicando as circunstancias necesarias para manter operativas cada unha destas sen ‘romper a cadea de frío’. Así ben, a tecnoloxía ‘Reefer’ desenvolta por DBSchenker podería servir para transportar algunhas dos doses dispoñibles ata agora, xa que garante a conservación estable de mercadorías entre -27º e 30º.

Pero, cales son as diferenzas entre o sistema que comezará a operar en toda a península a partir da súa planta de Vigo e un modelo de refrixeración normal? Que, neste caso, a conservación nunha atmosfera controlada é desenvolta de xeito individual, é dicir, adaptado ás circunstancias e necesidades de cada produto concreto, no canto de ter nunha mesma situación climatolóxica a todos os items dun stock. É o que se chama a solución da ‘atmosfera controlada’, que segundo apunta a empresa seriviría para “preservar os produtos en tránsito en todo momento” e “ofrecer unha cadea de frío continua”.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...