InicioSociedadeBaixan os contaxios e as hospitalizacións por covid na área de Vigo

Baixan os contaxios e as hospitalizacións por covid na área de Vigo

No Chuvi hai 109 ingresados en planta --oito menos-- e 24 en UCI --un menos--.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de hospitalizados con coronavirus descendeu en 65 no último día ata situarse por baixo do milleiro –cifra que se superou o día anterior–. Mentres, diagnosticáronse 358 contaxios e os casos activos experimentaron unha nova baixada ata sumar 12.464 –588 menos– tras reducirse en todas as áreas sanitarias.

Segundo datos actualizados este martes pola Consellería de Sanidade, hai 746 ingresados en planta –46 menos– e 205 en UCI –19 menos–, o que eleva a 951 o número de persoas hospitalizadas con COVID-19 en Galicia. Nos centros hospitalarios da área de Vigo contabilizan 109 ingresados en planta –oito menos– e 24 en UCI –un menos–.

DESCENDEN OS CASOS E CONTAXIOS

A Comunidade galega suma 12.464 casos activos de coronavirus, o que supón unha caída de 588 e que se manteña a tendencia descendente rexistrada durante a última semana. Os pacientes coa infección activa reducíronse en todas as áreas sanitarias. En concreto, na de Vigo baixaron a 1.935.

Así mesmo, os novos contaxios diarios reducíronse a 358 –12 menos– dos que 310 diagnosticáronse por PCR. Ene Vigo foron 39 os novos contaxiados.

PCR E POSITIVIDADE

En Galicia realizáronse 1.585.669 PCR ata a data, o que supón que no último día levaron a cabo 6.232, unha cifra máis baixa que a contabilizada na xornada previa. En canto á taxa de positividade, esta reduciuse lixeiramente ata o 5,9%, aínda que permanece por encima do 5%, a porcentaxe que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...