InicioSociedadeNovo corte da vía ferroviaria do Miño debido á caída dunha árbore

Novo corte da vía ferroviaria do Miño debido á caída dunha árbore

O tren 12608 Vigo-Ponferrada con transbordo previsto en Arbo tivo que retroceder á estación das Neves, onde quedou estacionado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CXT informou de que a caída dunha árbore sobre a catenaria e a vía ferroviaria despois do apeadeiro de Sela, en Arbo, provocou un novo corte na liña do Miño sobre as 16,00 horas deste sábado.

Segundo explica, o tren 12608 Vigo-Ponferrada con transbordo previsto en Arbo tivo que retroceder á estación das Neves, onde quedou estacionado. Os pasaxeiros tiveron que esperar a que un autobús os recollese no apeadeiro de Sela, antes de Arbo, para seguir por estrada a Ourense.

CGT lembra que denuncia desde hai tempo “a falta de investimentos e recursos humanos para manter o ferrocarril convencional“, o que “provoca que con condicións meteorolóxicas adversas a infraestrutura sufra incidencias continuas”.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...