InicioEconomíaLuz verde ao último proxecto sectorial promovido na antiga ETEA

Luz verde ao último proxecto sectorial promovido na antiga ETEA

No ano 2009, Concello de Vigo, Zona Franca e Xunta aprobaron un Plan Sectorial de Ordenación que dividía a ETEA en 6 zonas. A Xunta é promotora de tres delas, CSIC e Universidade de dúas, e o Concello dunha.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta aprobou este xoves o último do tres proxectos sectoriais que promove a administración autonómica nos terreos da antiga Escola de Transmisións e Elecrónica da Armada (ETEA), no barrio vigués de Teis.

Segundo explicou o presidente do goberno galego en rolda de prensa, esta aprobación supón “un novo paso na recuperación e posta en valor” deste complexo, no que está prevista a implantación do futuro Campus Científico Tecnolóxico do Mar, con instalacións do CSIC, Zona Franca e da Universidade de Vigo.

O proxecto sectorial aprobado este xoves, o PS-1, supón a actuación en 20.000 metros cadrados, para a urbanización dunha zona que terá “función vertebradora” sobre as demais, con espazos de uso libre, zonas verdes e conexións.

Con este paso, lembrou, o tres áreas sectoriais promovidas pola Xunta están “aprobados ou executadas”. En concreto, no marco do PS-1, se reurbanizarán a Praza de Armas e a Avenida Central para mellorar os percorridos peonís; acondicionarase a chaira e o espazo lindante coa praia da Guía, onde se executarán zonas verdes e varios carrís bici; e faranse as conexións cos sistemas xerais de infraestruturas e servizos básicos.

No ano 2009, Concello de Vigo, Zona Franca e Xunta aprobaron un Plan Sectorial de Ordenación que dividía a ETEA en 6 zonas. A Xunta é promotora de tres delas, CSIC e Universidade de dúas, e o Concello dunha.

Feijóo sinalou que o investimento previsto no ámbito do PS-1 é de 10 millóns de euros (que inclúen a compra do terreo no seu día), e ata agora investíronse na ETEA outros 7,7 millóns. Así mesmo, lembrou que o PS-2 e o PS-3 corresponden, respectivamente, ao CSIC e á Universidade, e que están “en tramitación”, mentres que o PS-4 (de equipamento deportivo), que corresponde ao Concello, é “o único que non iniciou ningunha tramitación ambiental”.

“É un proxecto estratéxico para Vigo e, en consecuencia, para Galicia, por múltiples razóns: primeiro porque vai acoller un campus promovido pola Xunta coa Universidade; segundo porque será un espazo atractivo e aberto aos barrios populosos de Teis e A Guía; e tamén porque será un revulsivo e un complexo de gran valor cultural e paisaxístico, que queda aberto ao mar”, sinalou o presidente da Xunta.

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...