InicioSociedadeFeijóo confirma contactos con Portugal para o posible traslado de pacientes COVID...

Feijóo confirma contactos con Portugal para o posible traslado de pacientes COVID ao Álvaro Cunqueiro

"Espero que en próximas horas, este fin de semana, Portugal concrete o que necesita. Temos habilitado no Álvaro Cunqueiro espazo, camas e recursos", asegura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia mantivo contacto co goberno de Portugal para analizar a posibilidade de ofrecer recursos de atención sanitaria a pacientes lusos con COVID-19 e confirmou que hai “habilitado espazo, camas e recursos” para o posible traslado de enfermos do norte de Portugal ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Así o trasladou o presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, en resposta a preguntas dos medios durante unha visita ao dispositivo de cribado instalado no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

Núñez Feijóo informou de que, “desde o primeiro momento”, o goberno galego estivo disposto a responder a unha eventual petición de axuda por parte do Goberno luso. Respecto diso, explicou que, tras coñecer a oferta de países como Austria ou Alemaña para acoller a pacientes portugueses con COVID, el mesmo contactou co embaixador luso en Madrid para porse á súa “disposición” en que caso de que o país veciño necesite esa axuda.

Segundo confirmou, xa houbo contacto tamén entre as autoridades sanitarias portuguesas e a Consellería de Sanidade, e está previsto que, en próximas “horas ou días”, Portugal comunique a Galicia as necesidades concretas de recursos. “Cando se concrete o que necesitan, responderemos de forma inmediata, diremos o número de camas e profesionais que pomos a disposición”, afirmou Núñez Feijóo, quen matizou que, en calquera caso, antes de executar calquera decisión a Xunta comunicarao ao Goberno de España e á embaixada portuguesa.

Por parte de Sanidade, explicou, nos últimos días estívose analizando a “posibilidade concreta” de ofrecer “camas e atención hospitalaria” no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo a pacientes trasladados desde o norte de Portugal.

“Espero que en próximas horas, este fin de semana, Portugal concrete o que necesita. Temos habilitado no Álvaro Cunqueiro espazo, camas e recursos para atender a un número de pacientes portugueses”, remarcou, aínda que sen concretar ese número de camas.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...