InicioSociedadeA UVigo abre un novo prazo de matrícula para os seus programas...

A UVigo abre un novo prazo de matrícula para os seus programas de doutoramento

Ofrécense 209 prazas para 24 programas distintos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Ofértanse un total de 209 prazas ata o 8 de febreiro
A Universidade de Vigo abre un novo prazo de matrícula para un total de 24 programas de doutoramento cunha oferta total de 209 prazas de novo ingreso que lle darán acceso ao alumnado á formación de doutoramento, o máis alto grao académico impartido nas universidades, e a única que posibilita adquirir o título de doutor ou doutora, e con el a plena competencia para desenvolver a carreira investigadora. O período de preinscrición estará aberto desde hoxe ata o día 8 de febreiro para os programas de doutoramento que dispoñen de prazas vacantes.

A UVigo consolidou ao longo dos últimos anos unha oferta ampla e variada, na que a calidade dos seus programas se sustenta na excelencia investigadora dos grupos involucrados neles, que permiten achegar á oferta formativa liñas de traballo punteiras e activas, con financiamento en forma de proxectos de investigación. As actividades formativas abertas ao alumnado doutros programas e o reforzo cunha formación transversal centralizada fan do doutoramento unha aposta estratéxica da Universidade de Vigo, que desde o inicio destes estudos, a principios dos anos noventa, suma unha media de máis de cen teses presentadas cada ano.

A ESCOLA INTERNACIONAL DE DOUTORAMENTO

No ano 2013 nacía a Escola Internacional de Doutoramento (Eido), un centro máis dos que conforman a UVigo, especializado exclusivamente na formación de doutoramento e encargado de dirixir a folla de ruta académica do alumnado destes programas, que chegan ao seu fin co depósito e coa defensa das teses elaboradas polo estudantado. A
través do Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao, que ademais de dispor dunha unidade central conta con persoal nos tres campus; da Comisión Permanente e do Comité de Dirección, a Eido xestiona as titulacións de doutoramento. A Escola tamén publica anualmente as súas axudas de mobilidade, convoca os premios extraordinarios ás mellores teses, e pon en marcha a convocatoria de excelencia académica aos mellores expedientes de entrada.

A Eido da UVigo foi, ademais, a primeira escola de doutoramento de Galicia en aprobar e en implantar o sistema de garantía de calidade, que permite un mellor seguimento de todos os procedementos asociados á xestión de programas de doutoramento e dos seus indicadores.

OS ESTUDOS DE DOUTORAMENTO EN TEMOS DA COVID-19

Ao igual que ocorreu con todas as titulacións e os servizos que ofrece a UVigo, tamén no caso da Eido a pandemia provocou unha reacción inmediata que empezou polas defensas das teses xa programadas, que pasaron ao formato telemático utilizando Campus Remoto.

Así mesmo, o depósito das teses mudou á modalidade en liña, un proceso previsto como unha evolución natural acorde coa implantación da administración electrónica, pero que se viu acelerado, aproveitando o desenvolvemento técnico da plataforma. A covid-19 provocou igualmente a adaptación dos cursos e actividades formativas, habilitándose para este fin salas virtuais.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Un xulgado de Vigo avala a saída de sete tendas galegas da Cash Converters en 2022

O xulgado do Mercantil 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou as dúas...