InicioSociedadePosible gromo de covid-19 no buque hospital 'Esperanza del Mar', fondeado na...

Posible gromo de covid-19 no buque hospital ‘Esperanza del Mar’, fondeado na ría de Vigo

Os tests de antíxenos revelaron entre 7 e 9 posibles casos de persoas contaxiadas, polo que se activaron os protocolos para a realización de probas PCR.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varios membros da tripulación do buque hospital ‘Esperanza del Mar’, pertencente ao Instituto Social da Mariña, atópanse pendentes da realización de probas PCR para confirmar varios posibles casos de COVID-19, detectados a través de test de antíxenos.

Os tests de antíxenos revelaron entre 7 e 9 posibles casos de persoas contaxiadas, polo que se activaron os protocolos para a realización de probas PCR, a través dun laboratorio privado.

O ‘Esperanza del Mar’ atópase fondeado no interior do arquipélago de Cíes e estaba previsto que atracase no porto de Vigo este sábado á primeira hora da mañá. Fontes consultadas apuntaron que, de confirmarse este gromo, é probable que a tripulación garde corentena a bordo do propio buque.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...