InicioSucesosArde un vehículo en marcha en Vigo cuxa condutora resultou ilesa

Arde un vehículo en marcha en Vigo cuxa condutora resultou ilesa

Efectivos de Bombeiros de Vigo apagaron un incendio declarado nun vehículo en marcha, logo baldearon a vía e o servizo de limpeza recolleu os restos sólidos que quedaban.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Efectivos de Bombeiros de Vigo apagaron un incendio declarado nun vehículo en marcha, cuxa condutora resultou ilesa ao apearse do turismo tras decatarse de que saía fume do capó.

Tal e como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 16:00 horas deste martes na rúa Nigrán, en Vigo, ata onde se trasladaron efectivos policiais, que procederon a cortar a circulación ao tráfico.

A condutora e única ocupante do vehículo, unha viguesa de 41 anos de idade, indicou que escoitara “ruídos estraños” provenientes do vehículo e pouco despois decatouse de que botaba fume polo capó.

Ante estes feitos, detívose e baixou do vehículo, informando do ocorrido aos efectivos de emerxencias. Unha vez apagado o lume, os bombeiros baldearon a vía e o servizo de limpeza recolleu os restos sólidos que quedaban.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...