InicioSociedadeA Xunta permite a mobilidade para a práctica da caza incluso con...

A Xunta permite a mobilidade para a práctica da caza incluso con persoas non conviventes

PUBLICADO O

- Advertisement -

O DOG vén de publicar a letra pequena da situación de “semiconfinamento” instaurada pola Xunta de Galicia ata, polo menos, mediados de febreiro para tentar aplacar o crecemento exponencial de contaxios e hospitalizados rexistrados nas últimas semanas. O documento vén de chamar a atención poque inclúe novidades significativas con respecto a modelos de restricións anteriores, como, por exemplo, a posibilidade de que matrimonios e parellas informais poidan verse malia non ser conviventes.

Non causou sensacións tan positivas o anuncio da Xunta de Galicia de que permitiría aos cazadores da Comunidade o desprazamento pola totalidade do territorio. O anuncio, recollido no artigo 6 do DOG, non discrimina expresamente entre practicantes federados e non federados, pero si limita –a diferenza de anuncios anteriores– a práctica permitida á caza de xabarín e lobo en supostos concretos.

XABARÍN E LOBO

De acordo co mesmo texto, a Xunta non aplicaría as limitacións de entrada e saída dos municipios a todas aquelas persoas que desenvolvan “accións de caza sobre o xabarín” desenvoltas de acordo cos “plans anuais de aproveitamente cinexético”. Máis restritivo é o caso do lobo, que tan só se poderá cazar no caso de “danos á agricultura ou á gandaría”.

Este mesmo suposto cúmprese tamén para o xabarín. Por último, as autoridades autonómicas volven permitir a mobilidade dos cazadores que vaian desenvolver batidas destinadas a frear “accidentes graves de tráfico reiterados nun único punto quilométrico”. A Xunta anuncia así a práctica liberdade de movementos para os cazadores galegos semanas despois de recibir duras críticas por un movemento semellante na vaga de restricións aprobadas a finais do ano pasado, momento no que tamén foi duramente criticada polo movemento ecoloxista galego a razón dunha suposta “violación da lei” con vistas a favorecer o lobby cinexético.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar que rexentaba en Vigo

Piden sete anos de cárcere para un home acusado de vender droga no bar...

Desmantelan en Mos unha festa rave

A Garda Civil de Pontevedra, a través do Grupo de Información da súa comandancia, informou sobre...

Rescatan a varios veciños dun edificio en chamas en Vigo

Os Bombeiros de Vigo rescataron a varios veciños dun edificio en Vigo no que...

Defensor do Pobo aproba a xestión de Vigo no incendio do edificio Alfonso X e critica á Xunta

O Defensor do Pobo emitiu un informe en resposta á solicitude de atención formulada...