InicioSucesosUn incendio nunha casa en Redondela provoca feridas a dúas persoas

Un incendio nunha casa en Redondela provoca feridas a dúas persoas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron afectadas por inhalación de fume tras un incendio declarado nunha casa en Redondela, que acabou calcinando o salón da vivenda, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia.

Os feitos ocorreron no Camiño da Pega, á altura do número 2, ao fío das 19,30 horas deste sábado. Unha persona particular foi a que alertou ao 112 Galicia do incendio.

Tras recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 Galicia comunicou a alerta aos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, a Protección Civil, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Unha vez na casa, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo sufocaron o lume e os efectivos sanitarios trasladaron ás dúas persoas ao hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...