InicioSociedadeHortensia causa 23 incidencias en Vigo con caída de árbores e cortes...

Hortensia causa 23 incidencias en Vigo con caída de árbores e cortes de luz

En toda Galicia rexistraronse 200 incidencias.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A borrasca ‘Hortensia’ que mantén en aviso laranxa a toda a Comunidade galega por risco de ventos de máis de 100 quilómetros hora e fortes precipitacións causou unhas 200 incidencias durante a madrugada do venres, a maioría relacionadas coa caída de árbores e ramas en estradas.

A provincia máis afectada, segundo o balance ofrecido na mañá deste venres polo CIAE 112 Galicia, foi a de Pontevedra, que suma 133 das case 180 incidencias rexistradas nas últimas horas. O resto repártense entre A Coruña (21), Ourense (10) e Lugo (9).

23 INCIDENCIAS EN VIGO

En Vigo, os bombeiros atenderon 23 incidencias causadas polos fortes ventos rexistrados e que se saldaron con varios danos materiais, segundo explicaron fontes do servizo a Europa Press.

En concreto, produciuse a caída dunha antena na zona de Jenaro de la Fuente, así como as de chapas dos tellados de tres edificios situados na rúa Camelias. Ademais, os bombeiros desprazáronse á rúa Pintor Colmeiro tras ser alertados de que o toldo dunha panadaría soltouse e comezara a golpear a cristaleira exterior da mesma. Mentres, unha árbore caeu sobre o cableado eléctrico en Zamáns.

Así mesmo, producíronse desprendementos de árbores sobre a vía pública nas rúas Areal e Castrelos, a estrada de Fragoselo, a zona de Cabral e a estrada da Madroa, onde tamén tivo lugar a caída dun poste.

Os bombeiros actuaron ademais na praza do Berbés e as rúas Enrique Lorenzo e Doutor Corbal despois de que tres árbores impactasen sobre tres vehículos e, no último caso, tamén contra a fachada dun edificio. Adicionalmente, constatouse que varios paneis situados na zona da avenida de Madrid e unha chapa do tellado do centro comercial A Laxe soltáronse e que un semáforo caera sobre un vehículo na rúa Ramiro Pascual.

OUTRAS INCIDENCIAS

En Soutomaior, varios coches sufriron danos debido á caída de tellas provocadas polo vento, que tamén levou un tellado de uralita en Redondela ou un panel de obra que tirou parte dun muro dunha casa en Tomiño e cortes de luz en Moaña.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...