InicioSociedadeA área de Vigo rexistra cinco novas mortes pola Covid

A área de Vigo rexistra cinco novas mortes pola Covid

Un deles faleceu na residencia Paz y Bien de Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xa son 72 as vítimas reportadas nos últimos días tras as 18 mortes comunicadas pola Xunta este xoves, o que fai que o número de vítimas pola covid en Galicia sexa xa de 1.584. Nas últimas 24 horas volveu a aumentar a presión na provincia da Coruña, especialmente, na Coruña, Santiago e Ferrol e tamén en Vigo que rexistrou catro falecidos.

Segundo informa o Sergas, na área sanitaria de Vigo morreron cinco persoas, catro delas en hospitais da cidade e unha quinta, un home de 92 anos, na Residenica Pazy Bien de Tui. No Álvaro Cunqueiro faleceron dúas mulleres de 85 e 92 anos, e en Povisa dous homes de 90 e 86 anos.

Na provincia da Coruña os falecidos foron nove, tres nas principais áreas sanitarias da provincia. Así, no Chuac da Coruña morreron dous home de 82 e 73 anos e unha muller de 74. Nos Chus de Santiago foron tres mulleres de 88,90 e 72 anos e no Chuf de Ferrol tres homes de 82, 83 e 90 anos.

Tamén houbo falecidos en Ourense, dous homes de 90 e 74 anos no Chuo e en Pontevedra, con dous homes de 78 e 92 no Chop. Todas as vítimas tiñan patoloxías previas.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...