InicioSucesosIncautan máis de 100 falsificacións de pezas deportivas no mercado de Bueu

Incautan máis de 100 falsificacións de pezas deportivas no mercado de Bueu

O responsable do posto, non puido acreditar a procedencia da partida de roupa, polo que se lle imputou un delito contra a propiedade industrial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil incautouse de máis de 100 pezas de roupa deportiva —camisetas, pantalóns e sudaderas–, supostamente falsificada, nun dos postos do mercadillo ambulante de Bueu, en Pontevedra.

O valor das falsificacións, segundo estimou o instituto armado, supera os 6.000 euros. Segundo o relato policial, os feitos tiveron lugar o luns 18 de xaneiro durante un dispositivo especial co que se pretendía controlar a venda de pezas e outros produtos falsificados no mercadillo.

Nun dos postos inspeccionados, a Garda Civil comprobou como se expuñan pezas de diferentes marcas deportivas con etiquetas, supostamente falsificadas, de firmas comerciais acreditadas.

O responsable do posto, ecuatoriano e veciño de Cangas do Morrazo, non puido acreditar a procedencia da partida de roupa nin presentar as autorizacións necesarias para a comercialización de produtos de marcas rexistradas, polo que se lle imputou un delitocontra a propiedade industrial.

A mercadoría intervida, así como as dilixencias instruídas, xa foron postas a disposición do Xulgado de garda de Marín.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...