InicioSociedadeAumentan os positivos de covid-19 no gromo do Meixoeiro, que suma 37...

Aumentan os positivos de covid-19 no gromo do Meixoeiro, que suma 37 afectados, 28 deles pacientes

Detectáronse 16 casos máis, tras o cribado realizado a pacientes hospitalizados noutras unidades logo de iniciarse o gromo na área Xeriatría.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O gromo de coronavirus iniciado na área Xeriatría do hospital vigués Meixoeiro ampliouse coa detección de 16 casos máis, tras o cribado realizado a pacientes hospitalizados noutras unidades, segundo confirmaron fontes do Sergas.

Así, neste hospital confirmáronse un total de 37 casos de COVID-19, dos que 28 son pacientes ingresados e 9 son profesionais.

Os novos casos entre pacientes correspóndense con enfermos que estaban ingresados noutra área da planta terceira, no servizo de Xeriatría e Rehabilitación. Os pacientes con COVID-19 foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde se centraliza a atención desta patoloxía.

Por esta situación e de modo preventivo, este martes volveuse ampliar o número de camas COVID no Álvaro Cunqueiro (nas últimas horas anunciouse o aumento de 44 camas, ante o incremento nos ingresos por coronavirus). Nesta xornada habilitáronse 16 camas adicionais na vela 1C, de modo que, en todo o hospital, son xa 174 as camas destinadas a pacientes con esta infección (134 para casos confirmados e 40 para sospeitosos).

Ademais da dotación de camas, a área sanitaria viguesa reprogramou cirurxías non urxentes, para evitar a ocupación das unidades destinadas a coidados críticos por parte deses pacientes intervidos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...