InicioSociedadeA área de Vigo achega os maiores volumes de novos contaxios: 255...

A área de Vigo achega os maiores volumes de novos contaxios: 255 nas últimas 24h

A situación nos hospitais semella dar unha pequena tregua, posto que Sanidade rexistra unha baixada de nove hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A evolución da pandemia en Galicia non deixa de bater novos récords. Vigo notifica 255 positivos nas últimas 24 horas, o que supón un aumento de 74 con respecto aos contaxios producidos na xornada anterior. Desta maneira, a área viguesa é que achega o maior volume de novos casos, un día máis, xunto coa área sanitaria da Coruña. O total de casos activos este sábado sitúase nos 2.167 (+173), unha cifra que implica que Vigo supera xa a Santiago como segunda área con máis casos.

Doutra banda, a situación nos hospitais semella dar unha pequena tregua, posto que Sanidade rexistra unha baixada de nove hospitalizados con respecto ao día do venres, de maneira que o cómputo quda en 69 persoas ingresadas, delas 19 en críticos (tres menos).

No histórico da área, Sanidade indica un total de 284 falecidos dende o comezo da pandemia, 12.298 persoas curadas e 14.749 contaxios.

GALICIA, EN MÁXIMOS

A evolución da pandemia en Galicia deixa este sábado rexistros máximos no número de contaxios detectados nun día (1.135), casos de covid-19 activos (11.666) e taxa de positividade nas probas PCR practicadas (12,9%). Todo iso nunha xornada na que as hospitalizacións frean o crecemento mantido na última semana, aínda que as áreas sanitarias suman dous novos ingresados con coronavirus que deixan o total en 597, 91 en coidados intensivos.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...