InicioSociedadeImportante aumento dos pacientes covid na UCI e dos casos activos na...

Importante aumento dos pacientes covid na UCI e dos casos activos na área de Vigo

En Galicia creceron en 1.300 os novos casos na fin de semana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O avance da pandemia do coronavirus en Galicia provocou nas últimas horas un importante aumento da presión hospitalaria. De acordo cos datos feitos públicos na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade, a Comunidade galega ten 468 ingresados por covid-19, 47 máis que un día atrás.

Este aumento é notable tanto nas hospitalizacións en planta, que alcanzan a cifra de 397 –37 máis–, como nas unidades de coidados intensivos (UCI), que contan con 71 pacientes covid –10 máis que nos datos do domingo–. De feito, todas as áreas sanitarias experimentaron unha subida dos ingresos. A área sanitaria de Vigo creceu en catro ingresados nas últimas horas, ata alcanzar os 61 en total, dos que 19 están en UCI, tras subir en tres.

CONTAXIOS E POSITIVIDADE

Á parte deste importante aumento da presión hospitalaria en Galicia, os novos casos de covid-19 detectados nun día por PCR mantéñense por encima dos 600. Concretamente, rexistráronse 627 novas infeccións. No entanto, hai que relacionar a baixada dos casos detectados coa diminución no número de probas realizadas. Así, ata o momento o Servizo Galego de Sáude (Sergas) practicou 1.184.921 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas fixéronse 8.049, ao redor de 800 menos que o día anterior.

Ademais, a taxa de positividade aumentou lixeiramente na última xornada, ata o 7,9%. Con todo, nas áreas sanitarias de Vigo (3,5%) e Santiago (4,2%) están por baixo dese 5%.

A CORUÑA E VIGO, Á CABEZA EN POSITIVOS

A área sanitaria da Coruña-Cee volveu a ser, nos datos de Sanidade deste luns, a que notifica máis novos positivos por PCR, cun total de 151, aínda que supón baixar en 26 con respecto ao día anterior. Tamén descenderon as infeccións detectadas nun día en Vigo, ata as 111 (-22), aínda que continúa como a segunda con máis contaxios. Con todo, o número de casos activos é de 1.484, un aumento de 87 nun día.

ÚLTIMAS

Industria empraza a 40 afectados polas expropiacións para a ampliación do PTL de Valadares a ser notificados en persoa

O Diario Oficial de Galica (DOG) publica este mércores un anuncio da Dirección Xeral...

Detida tras atropelar ao seu marido coa súa moto na avenida da Florida e darse á fuga

Unha muller, C.R.P.C. de Venezuela e 43 anos de idade, foi detida o pasado...

Detida en Serafín Avendaño tras saltarse unha orde de afastamento sobre a súa nai de 77 anos, trasladada ao hospital

Unha muller, R.K.A.Q. de Vigo e 44 anos de idade, foi detida na tarde...