InicioDeportesDenuncian ao Celta por "prevaricación" nas obras da nova cidade deportiva

Denuncian ao Celta por “prevaricación” nas obras da nova cidade deportiva

O clube podería estar edificando sobre espazo forestal sen autorización.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Acumúlanselle os problemas ao Celta de Vigo pola súa nova cidade deportiva en Mos. Logo de que a Comunidade de Montes do Tameiga levara ante a fiscalía as “ilegalidades” da construción, vén de ser a asociación veciñal da Portela –tamén no Tameiga– a que incida novamente cunha petición á Fiscalía para que abra dilixencias “por delitos de prevaricación administrativa e contra a ordenación do territorio”.

Este anuncio suma un pouco máis de sombra á escura perspectiva da cidade deportiva porque, a denuncia, lonxe de ser unha simple repetición do interposto pola Comunidade de Montes, relata novos supostos incumprimentos que farían das obras de Mos un proceso ilegal que podería levar aos responsables do club ante os tribunais, así como a ” todos os concelleiros do goberno municipal de Mos”, incluídos neste derradeira denuncia.

A petición de intervención da Comunidade de Montes facía fincapé en que, ao seu ver, o proxecto fora sometido a unha fragmentación “ilegal” co obxectivo de acelerar a súa concesión, un presunto delito que implicaría directamente a parte da administración local. As irregularidades, con todo, irían máis alá; posto que, sempre segundo a versión da Comunidade, o Celta estaría construíndo máis alá do licitado na licencia municipal.

Estas problemáticas acusacións veñen de se redobrar coa demanda interposta pola AA.VV. da Portela. Segundo puido coñecer Xornal de Vigo, a asociación veciñal denuncia que o proxecto está a supoñer “urbanización do espazo forestal”, de aí que acusen ao Celta dun delito contra a ordenación do territorio. “Despréndese claramente  que  os  proxectos  aprobados  son  unha  verdadeira urbanización  dun  espazo  forestal  co obxecto de obter dotacións ou equipamento  de tipo  deportivo”, subliña a AA.VV. nun comunicado público.

A problemática desa suposta urbanización sobre espazo forestal chega porque, segundo destaca a plataforma, para desenvolvela de xeito legal sería precisa unha autorización especial que, din, “non existía no momento de ser concedidas as licenzas indicadas”, “nin está aprobado a día de hoxe”. Por outra banda, sinalan, “aínda no caso de que se considerase que as obras autorizadas non constitúen equipamento e/ou dotación de carácter deportivo, a propia natureza do chan de especial protección forestal  onde  se sitúan fai que as mesmas non sexan autorizables”, destacan.

ÚLTIMAS

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...

Un xulgado de Vigo falla contra a Sareb e permite a un veciño de Privada Moderna quedar no seu piso

A praza 7 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo fallou en...