InicioMedio Ambiente e PatrimonioPiden "máxima contundencia xudicial" contra a persoa que tiroteou a un gato...

Piden “máxima contundencia xudicial” contra a persoa que tiroteou a un gato en Gondomar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A identificación dun veciño de Gondomar como presunto autor dos repetidos disparos a un gato no municipio por parte da Garda Civil foi celebrada pola Asociación Animalista Libera e pola Fundación Franz Weber, que recordaron como “este tipo de situacións provocan investigacións complicadas”.

Os animalistas esixiron este venres a “máxima contundencia xudicial” contra quen puido “bater a perdigonazos a un pobre animal cuxo estado de saúde continúa sendo grave, e é atendido pola protectora Proxecto Gato, que traballa fundamentalmente na comarca de Vigo”.

Neste sentido os colectivos sinalan que o Código Penal contempla como delito o maltrato animal con penas de ata un ano de prisión e a posibilidade de inhabilitar ao condenado con ata 24 meses para a tenencia de animais, e no caso dos cazadores suporía tamén a retirada da licenza.

Ademais, os defensores dos animais recordan que coa nova Lei de Benestar Animal en caso de decaer a vía xudicial poderíase sancionar ao responsable deste caso de crueldade cun máximo de 30.000 euros, e neste caso as inhabilitacións ascenderían ata os 10 anos.

As pesquisas de Gondomar, que ata o momento parecen dar resultado, contrastan con outros sucesos de extrema violencia, como o gato que aínda se recupera dos seus gravísimas feridas tras ser queimado vivo en Baiona, ou a cadela preñada recientemente tiroteada en Pontevedra, tamén presuntamente a mans dun cazador.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...