InicioVigo e contornaMosO Sergas anima a participar nun cribado a 3.000 residentes en Mos...

O Sergas anima a participar nun cribado a 3.000 residentes en Mos para detectar contaxios de covid-19

O obxectivo é detectar portadores asintomáticos do coronavirus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Sergas comezará este luns a realización dun cribado no que convidará a participar a 3.000 residentes en Mos para detectar casos asintomáticos de COVID-19.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, confirmou que a Consellería de Sanidade lle comunicou a súa intención de levar a cabo un estudo para analizar a situación da localidade tras a finalización do período do Nadal, segundo detallaron fontes municipais.

O obxectivo é detectar portadores asintomáticos da COVID-19 “cun único fin preventivo”, tal e como se levou a cabo noutros concellos da área sanitaria de Vigo.

En concreto, a realización deste cribado dará comezo este luns, 11 de xaneiro, pero as chamadas para as citacións efectuaranse a partir deste sábado.

Deste xeito, o Sergas convidará a realizarse a proba PCR a 3.000 persoas domiciliadas en Mos, unha cifra establecida de acordo co número de habitantes da localidade e a incidencia da enfermidade na mesma.

Nos últimos meses, a área sanitaria de Vigo realizou cribados a residentes en distintos puntos da cidade olívica, así como nos concellos de Tui, Moaña, Cangas, Tomiño e Redondela.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...