InicioSociedadeDetido un home de 43 anos de Vigo acusado de agredir á...

Detido un home de 43 anos de Vigo acusado de agredir á súa parella cunha “chave de estrangulamento”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 43 anos de idade foi detido en Vigo acusado dun delito de violencia de xénero tras supostamente agredir á súa parella á que tratou de afogar. Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron ás 4,28 horas do pasado día 3 de xaneiro, cando os axentes foron alertados por veciños da rúa Eugenio Kraff de que se escoitaba unha pelexa nun domicilio da zona.

Unha vez no lugar, segundo o relato policial, os axentes escoitaron berros desde o exterior dunha vivenda, na que localizaron a un home de 43 anos de idade e á súa parella de 42, que se atopaba moi nerviosa e tiña o pescozo inchado e arroibado.

Ante iso, a Policía Local solicitou unha ambulancia do 061 no lugar para atender á muller, que lles manifestou que tiña unha relación sentimental co home desde facía aproximadamente cinco meses.

A Policía Local asegurou que a vítima explicou que ambos iniciaran unha discusión no transcurso da que a súa parella lle golpeou na cara, suxeitouna polo pescozo, colleuna dos pelos e arrastrouna pola vivenda. Ademais, sinala que “mesmo lle chegou a realizar unha chave de estrangulamento”.

A vítima foi asistida por unha ambulancia do 061, aínda que non desexaba formular denuncia contra o agresor, que finalmente foi detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...