InicioEconomíaO Porto de Vigo espera gañar tráfico tras finalizar a "competencia desleal"...

O Porto de Vigo espera gañar tráfico tras finalizar a “competencia desleal” do porto de Leixôes

O tráfico xeral creceu en maio, pero a terminal pesqueira segue dando perdas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo confía en recuperar progresivamente os tráficos desviados á terminal portuguesa de Leixôes (estimados entre 40.000 e 50.000 toneladas), agora que as inspeccións nese porto luso “son máis rigorosas”.

Así o expresou o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, nunha comparecencia de prensa celebrada trala reunión mensual do Consello de Administración do Porto, na que lembrou que a terminal olívica iniciou unha serie de “accións” ante a perda de tráficos, sobre todo de pesca conxelada, motivada en gran medida pola rixidez dos protocolos no PIF.

Ademais da elaboración dun novo protocolo de inspección “máis sinxelo”, o Porto de Vigo exerceu “presión” ante as autoridades europeas, de maneira que agora as inspeccións en Leixoês son “máis rigorosas”.

“A Comisión empezou a responder e nótase”, aseverou e apostou por “volver recuperar a confianza” dos empresarios que se foron, como paso previo á recuperación deses tráficos.

TRÁFICOS DE MAIO

Na rolda de prensa deste venres, López Veiga deu a coñecer tamén as cifras de tráficos do pasado mes de maio, así como os resultados de explotación a estas alturas de ano e a contabilidade analítica do Porto.

Segundo informou, o tráfico xeral da terminal viguesa creceu un 8,5 por cento o pasado mes, con respecto a maio do ano 2017, alcanzando as 390.691 toneladas, e acumula un crecemento interanual do 6,5 por cento.

Incrementouse o tráfico de pesca conxelada en case un 12%, debido a que é temporada da frota de Malvinas, e o tráfico de automóbiles subiu un 3,12%. Tamén rexistraron subidas importantes os tráficos de aceite de peixe (721,62%), granito en bruto (53,75%), ou metais e as súas manufacturas (80,76%).

En canto aos resultados económicos, López Veiga confirmou que o resultado de explotación do Porto a maio de 2018 é de 703.400 euros, mentres que no mesmo mes do ano pasado era de 259.100 euros.

 

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...