InicioSociedadeDenuncian que Vitrasa "non activou o protocolo" tralo positivo dun traballador

Denuncian que Vitrasa “non activou o protocolo” tralo positivo dun traballador

A CIG critica a "inacción" da concesionaria do transporte urbano de Vigo, que "se nega a facer PCRs".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección sindical da CIG en Vitrasa, concesionaria do transporte urbano no concello de Vigo, acusou a empresa de “inacción” tras indicar que se confirmou “un positivo por covid-19 entre o persoal do taller”.

En concreto, denuncian que a dirección “non aplicou o protocolo existente e non lle comunicou o caso aos delegados de prevención”. Ademais, engade que “se nega a facer PCRs e remite aos compañeiros e compañeiras da persoa contaxiada a porse en contacto co seu médico de cabeceira se o estiman oportuno”.

Desde CIG-Vitrasa critican á compañía por, argumentan, “desatenderse de todas as propostas achegadas polos delegados da central durante a pandemia”. Tamén incide en que solicitaron “a realización de probas PCR ao cadro de persoal, obtendo en todas elas a negativa por resposta”.

Por outra banda, indican que aínda que a empresa “conta cun protocolo propio de prevención e actuación contra a covid, a única actuación fronte ao contaxio é notificalo ao Sergas”.

ÚLTIMAS

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...