InicioSociedadeUnha catedrática da UVigo, no top da ciencia

Unha catedrática da UVigo, no top da ciencia

Recibiu o galardón Women CEO na categoría muller e ciencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo (UVigo) África González recibiu o galardón Women CEO na categoría muller e ciencia.

Mediante este premio búscase pór en valor o traballo das mulleres na ciencia, segundo trasladou nun comunicado a universidade. Así, esta catedrática resaltou que a obtención deste recoñecemento representa “un orgullo” para “visibilizar a dedicación das mulleres na investigación científica”.

A organización Women CEO foi fundada en 2011 e acolle a empresarias e profesionais de ámbitos variados. O seu obxectivo é a creación dunha rede colaborativa e a posta en valor das mulleres que ocupan postos directivos ou exercen como referentes na súa área de especialización.

Pola súa banda, esta inmunóloga do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía da UVigo recibiu este recoñecemento de modo virtual no mesmo mes no que obtivo o Premio Executivas 2020. Ademais, en 2018 foi galardoada nos Premios Muller Científica e foi finalista nos Women Innovator 2017 da Comisión Europea.

En concreto, González conta con vínculos coa Sociedade Española de Inmunoloxía e lidera un grupo que desenvolve varios proxectos de inmunoloxía no Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo (Cinbio). Ademais, exerce como académica correspondente da Real Academia de Farmacia de Galicia desde 2019 e foi creadora da empresa NanoInmunoTech.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...