InicioEconomíaVigo aproba "os mellores presupostos da historia", segundo o grupo socialista de...

Vigo aproba “os mellores presupostos da historia”, segundo o grupo socialista de goberno

Toda a oposición votou en contra dunhas contas que consideran que están "fóra da realidade"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno municipal do Concello de Vigo aprobou este mércores de forma definitiva, cos votos favorables do grupo de goberno (PSOE) e o rexeitamento da oposición (PP, Marea de Vigo e BNG), os orzamentos da entidad local para 2021, que ascenden a máis de 264 millóns.

O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, subliñou que estas contas permitirán á cidade “xerar economía”, porque contemplan “gasto público produtivo” que impulsará a recuperación económica de Vigo no escenario postpandemia. Así mesmo, fixo fincapé no elevado das dotacións para Benestar Social (que suman 19 millóns), Educación ou Emprego; e a capacidade investidora (uns 26 millóns de euros) á que sumará o uso de 36 millóns de euros de remanentes.

O edil socialista lembrou a boa situación financeira do Concello olívico, con “débeda cero”, un período de pago a provedores de 7 días e “coa presión fiscal máis baixa”, e reivindicou que o goberno de Vigo pretende “pór o diñeiro da xente a disposición da xente“, en contraposición coa Xunta que, denunciou, “non fai nada” pola cidade.

Na mesma liña, o portavoz do grupo socialista, Carlos López Font, proclamou que este mércores é “un día histórico”, no que se aprobou “o mellor orzamento da historia da cidade”. “É o orzamento da estabilidade, de atender a todos”, sinalou, e lamentou que á oposición “moléstanlle” as grandes obras da cidade, como as ramplas da Gran Vía, que pon a Vigo “na modernidade”.

REXEITAMENTO DA OPOSICIÓN

O tres grupos da oposición votaron en contra das contas para 2021 presentadas polo goberno local, ao que afearon que deseñase uns orzamentos que están “fóra da realidade”.

O portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, lembrou que xa a execución do orzamento en 2020 “foi vergoñosa”, e advertiu de que “a política de Benestar Social non poden ser só axudas de emerxencia”. En contraposición, censurou que o goberno local “si deu unha axuda de emerxencia a Vitrasa”, ao aprobar o pago de máis de 2 millóns de euros para compensar as perdas da concesionaria do bus urbano durante o estado de alarma.

Pola súa banda, o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez, lamentou que o goberno de Abel Caballero non escoitase “á cidadanía e non incorporase ningunha proposta de ningún colectivo nin da oposición, á vez que criticou as insuficientes partidas para Política Social.

Finalmente, o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, apuntou que o goberno deseñou uns orzamentos “coma se a pandemia non existise” e, “na súa Vigo imaxinario, falan de gasto produtivo cando, en realidade, é gasto inaugurable”.

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a recuperación do Teatro Cine Fraga de Vigo como espazo cultural de referencia

O grupo parlamentario do PPdeG reivindicou este mércores a recuperación do Teatro Cine Fraga...

Caballero responsabiliza á Xunta polo mal estado das válvulas da presa de Eiras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou que a responsabilidade do mantemento e substitución...

O plan de control sobre o caudal dos ríos pon o foco en Vigo, Redondela, Gondomar e Cee tras as últimas choivas

A Xunta mantén activo o Plan de control sobre o caudal dos ríos con...

Vigo acende as luces do “Nadal máis importante do mundo” este sábado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que este sábado, día 15 de novembro,...