InicioPolíticaO Concello de Vigo rexeita recheos na ría e reclama ao Porto...

O Concello de Vigo rexeita recheos na ría e reclama ao Porto máis espazos para a cidade

Abel Caballero confía en que o organismo portuario "non cometa o inmenso erro" de aprobar un plan "contra a cidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo presentou as súas alegacións ao documento da Delimitación de Usos e Espazos Portuarios (DUEP), no que propón máis desafecciones para ceder espazos á cidade e expresa o seu “rexeitamento total” a máis recheos na ría.

Así o trasladou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que sinalou que, entre outras cuestións, o plan DUEP da Autoridade Portuaria “oculta a previsión de recheos”. En todo caso, insistiu respecto diso en que o goberno local non acepta ningún tipo de recheo na ría, “nin pilotado nin compacto”, á vez que reclamou ao organismo portuario “unha análise detallada das súas necesidades e espazos actuais”.

Por outra banda, indicou que as desafecciones previstas na DUEP son “manifestamente insuficientes”, xa que só se contempla a cesión de espazos axardinados de Areal e a EDAR de Teis. O Concello propuxo que, ademais deses, o Porto ceda á cidade instalacións dotacionais e educativas de Bouzas (as parcelas do campo do Rápido, do centro de maiores, do instituto de Audiovisuais, da sede do Instituto de Investigacións Mariñas, e o espazo do pavillón), así como espazos verdes e aparcadoiros.

Tamén expón a cesión da Avenida de Beiramar, que propón sexa soterrada (que se contrúa un túnel para o tráfico rodado) e os espazos entre esa avenida e Jacinto Benavente, que están “en situación calamitosa”; a zona central lúdico-portuaria; e a praia de Mende, á beira da EDAR de Teis.

O Concello tamén reclama, nas súas alegacións, que se aclare o uso dos espazos do antigo estaleiro Vulcano e a ampliación do dominio portuario a espazos da cidade, á vez que advirte de que a Autoridade Portuaria debe “dicir como resolve os accesos” ao porto deportivo da Lagoa.

Abel Caballero criticou tamén que o documento portuario non incorpore a Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan), ou unha “reflexión” sobre os accesos á terminal de Guixar desde a autoestrada.

“INMENSO ERRO”

Finalmente, o alcalde censurou que o Porto pretenda modificar os usos no seu espazo na chamada ‘curva de San Gregorio’, na zona dos estaleiros, e advertiu de que esa parte da Avenida de Beiramar “ten que seguir sendo unha xanela ao mar”. Caballero expresou a súa confianza en que o Porto atenda as alegacións do Concello e “non cometa o inmenso erro” de aprobar un documento de DUEP “contra a cidade”. “É un plan de usos con moi serias deficiencias. Confío en que o Porto non cometa o inmenso erro de aprobalo se atender o que di o Concello”, incidiu o rexedor.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...