InicioSociedadeIván Sanz, novo director de Soporte da área sanitaria de Vigo

Iván Sanz, novo director de Soporte da área sanitaria de Vigo

O doutor Iván Sanz exerceu como xerente do distrito sanitario de Monforte de Lemos da área de Lugo, onde foi coordinador do servizo de Admisión con anterioridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O doutor Iván Sanz asumirá este mércores a Dirección de Procesos de Soporte da área sanitaria de Vigo tras resolverse a convocatoria oficial para a provisión do posto.

Así, o novo directivo substituirá á doutora Esther Casal, quecesó no cargo a petición propia, segundo detallou este martes a xerencia da área sanitaria de Vigo.

Iván Sanz Falque, nacido en Vigo, licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade Rovira i Virgili de Tarragona e é un facultativo especialista en Radiodiagnóstico. Así mesmo, realizou diversos cursos e un máster relacionados coa administración e dirección sanitaria.

Durante o últimos tres anos, o doutor Iván Sanz exerceu como xerente do distrito sanitario de Monforte de Lemos da área de Lugo, onde foi coordinador do servizo de Admisión con anterioridade.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...