InicioSucesosNovo xuízo para o caso da traballadora do Sergas acusada de acceder...

Novo xuízo para o caso da traballadora do Sergas acusada de acceder ao historial da súa filla sen permiso

Estes feitos foron xulgados en febreiro de 2019 pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que a absolveu. Con todo, meses despois o TSXG revogou a sentenza e ordenou repetir o xuízo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha traballadora do Sergas, M.J.O.A., acusada dun delito de revelación de segredos por acceder ao historial clínico da súa filla supostamente sen o seu consentimento, volverá sentar no banco este venres para ser xulgada novamente por estes feitos, xa que a sentenza absolutoria de primeira instancia foi anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que ordenou repetir a vista.

Estes feitos foron xulgados en febreiro de 2019 pola sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que a absolveu. Con todo, meses despois o TSXG revogou a sentenza e ordenou repetir o xuízo.

Segundo o alto tribunal galego, o proceder da Audiencia vulnerou “flagrantemente as regras da distribución da carga da proba e os parámetros da súa valoración, entre os que se atopan o de racionalidade probatoria e o de acatamento das máximas de experiencia”. Así, sinalou que a “necesaria explicación razoada” do tribunal provincial “brillou pola súa ausencia, seguramente porque non se produciu tal versión exculpatoria ou porque a que foi tida por tal (a acusada limitouse a afirmar que os accesos foron consentidos pola vítima) esgótase en si mesma”.

Entre outras consideracións, o TSXG sinalou que se produciu un “erro na valoración da proba” e que a Audiencia non tivo en conta que “a propia presunción de inocencia da acusada en absoluto obriga a dar por sentada a veracidade das súas afirmacións”. Así mesmo, censurou que ese tribunal “orilló por completo polo menos unha corroboración periférica significativa de carácter obxectivo da declaración da vítima” como é “a constatable falta de correspondencia entre o considerable número de accesos realizados pola acusada á historia clínica electrónica da súa filla e as puntuais asistencias médicas que esta requiriu do Sergas”.

FEITOS

A Fiscalía pide 4 anos de prisión, 9 de inhabilitación e unha multa de 7.200 euros para esta traballadora do Sergas, á que considera autora dun delito continuado de revelación de segredos por acceder en máis dun centenar de ocasións á historia clínica da súa filla sen o consentimento nin coñecemento desta.

Segundo o escrito de acusación, a muller aproveitouse do seu traballo no departamento de Admisión do antigo Hospital Xeral de Vigo e, entre xuño do 2012 e abril de 2014, accedeu (utilizando a súa clave no sistema IANUS) en máis de 100 ocasións á historia clínica electrónica da súa filla.

A filla, maior de idade, non consentira de forma expresa esas consultas, nin había unha xustificación asistencial para explicar eses accesos á historia clínica.

Así, a Fiscalía sostén que a nai actuou “co ánimo de invadir a esfera máis persoal e íntima da súa filla, así como tomar coñecemento de feitos ou circunstancias relativas ao seu estado de saúde, tratamentos médicos, asistencias facultativas e demais datos relacionados coa súa saúde, que nunca lle foron comunicados pola súa filla con anterioridade”.

O ministerio público considera, no entanto, que non quedou acreditado que a acusada divulgase entre terceiras persoas os datos médicos relativos á saúde da súa filla.

ÚLTIMAS

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...

A Xustiza de Vigo rexeita ampliar o permiso de paternidade a 22 semanas como o das nais

O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo desestimou a demanda interposta por un...

A Axencia Tributaria desarticula en Vigo e outras cidades unha ‘macrotrama’ que defraudou 300 millóns en IVE

A Axencia Tributaria desmantelou unha das maiores redes de defraudación de IVE no sector...

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...