InicioEconomíaAbel Caballero buscará apoio das cidades con peso do naval en España...

Abel Caballero buscará apoio das cidades con peso do naval en España para participar en Navalia 2021

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, trasladou este mércores o seu apoio á dirección de Navalia, impulsora da Feira Internacional da Industria Naval de Vigo, no seu proxecto de celebrar un congreso sobre este sector, en xullo do ano que vén, e tras renunciar á edición 2020 da feira debido á pandemia de COVID.

Así o explicou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, tras manter unha reunión co director de Navalia, Javier Arnau, a quen tamén expresou o apoio do goberno local á próxima edición do certame, que está prevista para maio de 2022.

O rexedor apuntou que o congreso do ano que vén celebrarase no Auditorio Mar de Vigo, e mostrou a súa disposición a contactar cos rexedores das cidades españolas que teñen peso da construción naval para que participen. Segundo sinalou, a súa oferta estenderase a urbes como Ferrol, Xixón, Bilbao, Cádiz ou Barcelona, onde a industria naval ten peso específico.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...