InicioSociedadeVigo segue liderando o número de novos casos en Galicia

Vigo segue liderando o número de novos casos en Galicia

Con todo o incremento é menor que nos últimos días.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número de persoas hospitalizadas en Galicia con covid-19 aumentou lixeiramente nas últimas horas, e pasou de 406 a 412, aínda que son menos os pacientes que requiren coidados intensivos (baixan de 64 a 60), segundo os datos que publica este luns a Consellería de Sanidade actualizados a este domingo, ás 18,00 horas.

De novo, a área sanitaria de Vigo foi a que máis contaxios novos rexistrou, un total de 53, que no entanto implican 19 menos que os notificados unha xornada atrás. Pola súa banda, a da Coruña-Cee detectou outros 52 positivos, pero neste caso é unha repunta de 12.

Tamén na área de Vigo hai 77 persoas hospitalizadas, das que 11 están na UCI (unha menos) e 66 en ‘planta’ (unha máis); mentres que na área de Pontevedra e O Salnés hai 53 pacientes de covid nos hospitais: 9 están en Coidados Intensivos (os mesmos que 24 horas antes) e 44 en unidades convencionais (dúas máis).

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...