InicioSucesosUn detido por agredir á súa parella durante unha discusión

Un detido por agredir á súa parella durante unha discusión

Cando os axentes chegaron a ese domicilio viron unha muller, sentada no sofá da vivenda chorando, e con lesións no pómulo esquerdo e arañazos na cella do mesmo lado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 39 anos de idade, V.S.X., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir á súa parella no transcurso dunha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos tiveron lugar na noite do martes, cando o 092 recibiu unha chamada para alertar de que un home estaba a agredir á súa parella nun domicilio da rúa Alfonso XIII.

Unha dotación trasladouse ao lugar e, cando estaban a subir as escaleiras do edificio para acceder ao piso onde se produciu os feitos, os axentes cruzáronse cun home. Os policías preguntáronlle se escoitara ruídos ou unha pelexa e este home sinalou que houbera unha discusión entre os 4 moradores dun piso ‘okupado’.

Cando os axentes chegaron a ese domicilio viron unha muller, sentada no sofá da vivenda chorando, e con lesións no pómulo esquerdo e arañazos na cella do mesmo lado. A muller relatou que fora agredida pola súa parella, que resultou ser o home co que os axentes se crizaron ao entrar no edificio.

A pesar de que a vítima manifestou que non tiña intención de presentar denuncia, os axentes detiveron á súa parella como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...