InicioEconomíaA planta viguesa de PSA lánzase ao mercado do eléctrico cunha serie...

A planta viguesa de PSA lánzase ao mercado do eléctrico cunha serie de novas furgonetas compactas

O modelo será lanzado en 2021.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo PSA lanzará en 2021 variantes eléctricas das súas furgonetas compactas, polo que chegarán ao mercado os novos Peugeot e-Partner, Citroën ë-Berlingo, Opel Combo-e e Vauxhall Combo-e, que se producen en Vigo. Nun comunicado, a compañía automobilística francesa explicou que tamén os turismos asociados a estes modelos recibirán unha versión 100% eléctrica entre as súas posibilidades de motorización.

Así, tras o lanzamento en 2020 das variantes ‘cero emisións’ das súas furgonetas medianas e furgonetas grandes, o catro marcas completarán a súa gama en 2021 con versións eléctricas das súas furgonetas compactas.  Estes modelos e as súas baterías ensamblaranse na súa planta de Vigo, mentres que os motores eléctricos e as transmisións en Francia, e terán ata 136 cabalos de potencia cunha batería de ata 100 quilowatts (kW).

“Con estas versións totalmente eléctricas de furgonetas compactas e os seus turismos asociados, Grupo PSA continúa a súa ofensiva de electrificación e agora ofrece unha carteira de vehículos comerciais lixeiros completamente electrificada sen comprometer o rendemento”, subliñou o vicepresidente da unidade de negocio de Vehículos Comerciais Lixeiros de PSA, Xavier Peugeot.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...