InicioPolíticaBNG de Vigo pide ao goberno local que alegue contra os proxectos...

BNG de Vigo pide ao goberno local que alegue contra os proxectos da DEUP e ampliar o Porto en Bouzas

O BNG criticou que a concelleira de Urbanismo, María José Caride, "se limitase a sinalar que aínda se estaba en prazo e que o Concello estaba a elaborar os informes, pero sen indicar en que sentido".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local alegar contra os proxectos da nova Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) e a ampliación da terminal portuaria de Bouzas.

Mediante declaracións remitidas aos medios, o concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, lembrou que estes proxectos se atopan en fase de avaliación ambiental. Por iso, no consello da Xerencia de Urbanismo, preguntou se o Concello formulou algunha alegación ou informe en relación á DEUP e a ampliación do Porto en Bouzas.

Con todo, o BNG criticou que a concelleira de Urbanismo, María José Caride, “se limitase a sinalar que aínda se estaba en prazo e que o Concello estaba a elaborar os informes, pero sen indicar en que sentido”.

Ademais, resaltou que o pasado ano a formación levou a pleno unha moción para rexeitar “novos recheos portuarios” e pedir unha aposta dun desenvolvemento do Porto baseado na racionalización de usos e a Plisan que foi “rexeitada polos votos do PSOE”.

Tras valorar a oposición do exalcalde nacionalista Lois Castrillo a unha proposta de ampliación do Porto no Areal durante o tempo que ostentou a Alcaldía, Igrexas afirmou que “é tempo de tomar partido e de fixar posición”.

Nesta liña, asegurou que “é hora de actuar”, de que “o Concello de Vigo diga claramente non a novos recheos” e de que “aposte por reconciliar a cidade co seu litoral e por protexer a ría”. Deste xeito, o edil instou ao alcalde, Abel Caballero, a “deixar de porse de perfil” e a exercer as accións que teña á súa disposición “para oporse a estes proxectos irracionais”, que representan a “herdanza da nefasta xestión de Enrique López Veiga á fronte da Autoridade Portuaria de Vigo”.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...