InicioSociedadeO xulgado apraza para despois do Nadal o desafiuzamento nun asentamento de...

O xulgado apraza para despois do Nadal o desafiuzamento nun asentamento de chabolas en Vigo

A empresa propietaria do chan, Global Fitness Sports, a instancias do Concello de Vigo, aceptou pospor o desaloxo. O alcalde Abel Caballero traspasa a responsabilidade deste caso á Xunta de Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un xulgado de Primeira Instancia de Vigo acordou o adiamento do desaloxo dun asentamento chabolista na Avenida de Ricardo Mella, tras recibir unha petición por parte do executante (propietario da parcela) de atrasar o lanzamento ata xaneiro, pola proximidade das datas do Nadal.

Segundo informaron fontes xudiciais e o propio avogado dos afectados, Jesús Silva, o desafiuzamento estaba previsto para o próximo 11 de decembro e a empresa propietaria do chan, Global Fitness Sports, a instancias do Concello de Vigo, aceptou pospor o desaloxo (e así o pediu ao xulgado) dada a vulnerabilidade dos afectados, que son varias familias emparentadas e en situación de exclusión social.

A empresa tamén recoñece no seu escrito ao xulgado que “non era o momento adecuado, pola proximidade do Nadal”, segundo indicou o letrado, que expresou a súa esperanza de que, mentres non se fixe unha nova data para o lanzamento, “as administracións busquen unha solución”.

O avogado explicou que na parcela onde se sitúan as chabolas está prevista a construción dun ximnasio, e que os afectados polo desaloxo son veciños (entre os que hai varios menores) que levan décadas vivindo alí, algúns mesmo naceron no poboado, e necesitan apoio dos Servizos Sociais

OBRIGA DA XUNTA

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou en rolda de prensa que o Concello “negociou” coa propiedade dos terreos para conseguir aprazar o lanzamento, e que esta se mostrou “moi receptiva”.

En todo caso, o rexedor incidiu en que “a solución” a estas familias “tenlla que dar a Xunta de Galicia, que “ten os recursos que lle dá o Goberno para vivenda, e ten a obriga e a competencia“.”Pero xa dixo que non, que non ía facer nada. Nesta pandemia, a Xunta está a deixar tirada á xente”, criticou.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...