InicioEconomíaAcredoras de Barreras consideran que unha inxección de capital podería facilitar unha...

Acredoras de Barreras consideran que unha inxección de capital podería facilitar unha solución para a débeda

As acredoras, agrupadas en Uninaval, lembran que 18 empresas comezaron a tramitación de demandas xudiciais para reclamar o abono das cantidades debidas, un procedemento que "entra dentro da normalidade empresarial ante esta situación".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Auxiliares acredoras de Fillos de J. Barreras integradas na sociedade Uninaval consideraron que unha inxección de capital público ou privado podería facilitar unha solución para a débeda contraída por este estaleiro vigués.

Nun comunicado, a entidade valorou como “unha operación razoable” calquera solución de inxección de capital en Barreras cuxas achegas “se destinen a paliar a precaria situación na que se atopan as empresas auxiliares”.

Así, resaltou que a industria auxiliar “soporta unha débeda inxente” que, se non se liquida nun breve prazo, “abocará á desaparición de varias das empresas afectadas“.

Neste sentido, Uninaval lembrou que as auxiliares permanecen á espera de recibir as garantías de cobro do 50% da débeda inicial do buque ‘Evrima’ acordadas co estaleiro. De feito, afirmou que a peza ofrecida “non é sobre o obxecto” que se comprometeu durante a súa negociación, polo que a considerou “unha garantía insuficiente”.

Ademais, a entidade volveu a sinalar que as auxiliares “non cobraron nada dos proxectos de Havila e Armas”, polo que “a débeda total acumulada ascende a máis 20 millóns de euros”.

Por iso, lembrou que 18 empresas comezaron a tramitación de demandas xudiciais para reclamar o abono das cantidades debidas, un procedemento que “entra dentro da normalidade empresarial ante esta situación”.

Deste xeito, a sociedade avanzou a continuación do proceso ata que se dispoña de “garantías fidedignas do pago da débeda”, o que confiou en que teña lugar proximamente “cunha operación de inxección de liquidez por parte da SEPI” ou “outra vía de índole privada”, como a achega de capital por parte dos accionistas.

En concreto, o estaleiro pertence á sociedade Cruise Yacht Upper Holdco, que opera baixo a firma comercial de The Ritz-Carlton Yacht Collection.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...