InicioSociedade41 pares de zapatos para visibilizar a violencia machista

41 pares de zapatos para visibilizar a violencia machista

A Fundación Érguete súmase á visibilización da violencia machista e alerta da súa incidencia en contornas vulnerables.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Érguete pola Integración e a Asociación Érguete sumáronse este mércores á “visibilización” da violencia machista, con motivo do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, colocando 41 pares de zapatos ás portas da súa sede en Vigo, en memoria das mulleres asasinadas en España no que vai de ano.

Maite Pena, responsable da área de Igualdade da Fundación, explicou que este ano, coas restricións derivadas da pandemia, optaron por recuperar a iniciativa da artista mexicana Elina Chauvet, de simbolizar ás vítimas colocando pares de zapatos para facelas “visibles” e para “lembrar á sociedade que cada ano seguen morrendo mulleres” debido á violencia de xénero.

En Érguete trabállase con “persoas vulnerables” e “unha alta porcentaxe” das mulleres que acoden a programas ou talleres son, ou foron, vítimas de violencia machista, explica Maite Pena. Así, puxo como exemplo un taller de emprego para mulleres que están en prisión, das que “o 85 por cento foron vítimas de violencia de xénero e cometeron os delitos baixo esa violencia”.

Ademais, apuntou que as adiccións ou a mala situación económica nas mulleres socialmente vulnerable tamén “empeoran a súa situación” cando son vítimas de violencia machista, porque non teñen capacidade para “empoderarse” nin recursos para “saír desa situación”.

Maite Pena fixo incidencia na necesidade, este ano máis que nunca, de “visibilizar” os casos de violencia de xénero, especialmente no contexto dunha pandemia que obrigou a varios meses de confinamento: “As vítimas confinadas non tiveron espazo propio, estiveron 24 horas baixo a mirada do seu agresor“, lembrou.Cada ano

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...