InicioVigo e contornaO PorriñoAxentes de Tui e O Porriño, Medalla ao Mérito da Policía Local...

Axentes de Tui e O Porriño, Medalla ao Mérito da Policía Local pola súa intervención tras a explosión de Paramos

Todo eles coincidiron en sinalar que aquel 23 de maio de 2018 foi "o día máis duro" das súas carreiras profesionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a orde pola que se distingue coa Medalla ao Mérito da Policía Local a varios axentes galegos, entre eles a 11 policías do Porriño e Tui, pola súa intervención tras a explosión dun almacén ilegal de material pirotécnico na parroquia tudense de Paramos, en maio de 2018, na que morreron dúas persoas e que provocou numerosos danos materiais.

No caso de Tui, segundo informou o Concello, os axentes recoñecidos son José Ramírez Pérez, que foi inspector xefe durante 37 anos e xubilouse o pasado ano; Manuel Arca Caeiro, actual inspector xefe , con 33 anos de servizo e que xa recibiu unha insignia do Concello de Tui pola súa intervención na resolución dun secuestro no Monte Aloia; David González Martínez, que está a piques de cumprir 17 anos como axentes da Policía Local; e Avelino Martínez Pérez, que leva 31 anos de servizo neste corpo.

Todo eles coincidiron en sinalar que aquel 23 de maio de 2018 foi “o día máis duro” das súas carreiras profesionais. Poucos minutos despois da explosión, Avelino e David foron os primeiros en chegar ao barrio da Torre en Paramos. “Foi impactante (…), o cheiro da pólvora asfixiaba“, relatou José Ramírez, que lembrou “a tristeza de ver os dous corpos sen vida”.

Na Policía Local do Porriño foron distinguidos o inspector xefe, Daniel Rodríguez; os oficiais Antonio Pereira e Adolfo Suárez (que agora traballa en Nigrán); e os axentes Benjamín Branco, Francisco Javier Rodríguez, Sergio García (que agora traballa en Parla) e Brais Roca.

Estes sete axentes acudiron ao concello veciño de Tui tras a explosión de Paramos para cooperar nas primeiras tarefas de asistencia aos feridos, nada máis recibir a alerta do 112. Á súa chegada revisaron as vivendas afectadas pola deflagración e axudaron á evacuación dos feridos.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...