InicioSucesosCatro anos de cárcere por unha gresión sexual no baño da estación...

Catro anos de cárcere por unha gresión sexual no baño da estación de tren de Guixar

O home padece un trastorno mental.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home acusado de agredir sexualmente a outro home, no baño da estación de tren de Guixar, en Vigo, aceptou este mércores a pena de 4 anos de cárcere, nunha vista de conformidade que se celebrou na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Antes da sesión, o acusado, Cándido G.C., foi sometido a un exame forense, xa que padece trastornos psiquiátricos, para confirmar que estaba en condicións de comprender o acordo e aceptar a condena.

Superado ese trámite, a Fiscalía e a acusación particular confirmaron ante o Tribunal o acordo para reducir a petición de condena (o ministerio público solicitaba inicialmente 9 anos de prisión), e a sentenza foi ditada xa na sala e declarada firme.

Así, o acusado aceptou 4 anos de prisión por un delito de agresión sexual, coa eximente incompleta de anomalía psíquica (padece un trastorno bipolar crónico), e unha medida de 8 anos de libertade vixiada tras a pena de cárcere, que implica a prohibición de achegarse á vítima e á localidade onde reside (Rianxo), a obrigación de notificar calquera cambio de residencia, ou a obrigación de someterse a tratamento e control médico xornal.

O presidente do tribunal, así mesmo, ratificou a continuidade da súa estancia no cárcere (o acusado está en prisión provisional), e seguirá internado no módulo de enfermaría. Con respecto á responsabilidade civil, quedou establecida a indemnización á vítima en 2.552 euros, que o acusado non terá que depositar porque a cantidade xa está embargada.

INTENTO DE AGRESIÓN SEXUAL

Os feitos remóntanse ao 28 de decembro do ano pasado cando, á primeira hora da mañá, a vítima atopábase cunha amiga na estación de tren de Guixar. Este home atopábase moi ebrio e o acusado ofreceuse a quedar con el mentres a súa amiga ía comprar os billetes de tren.

Cando quedaron sós, Cándido G.C.convenceu ao home para ir ao cuarto de baño para discapacitados e, unha vez dentro, pechou a porta e quixo obrigalo a que lle fixese unha felación, empuxándoo cara abaixo polos ombreiros para que se agachase.

A vítima revolveuse e tratou de zafarse, momento en que o acusasdo sacou unha navalla que levaba no peto para executar a agresión sexual. Con todo, nese momento entraron no baño dous vixiantes da estación, alertados pola amiga da vítima, que non o atopaba, e o acusado non puido cumprir o seu propósito.

ÚLTIMAS

Sete detidos e tres feridos graves nunha liorta con armas brancas nunha casa okupada

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a sete persoas durante unha...

Profesores en pé de guerra nas rúas de Vigo: “A situación no ensino público é de emerxencia”

Decenas de profesores saíron á rúa este martes en Vigo, no marco da folga...

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...