InicioCulturaCancelados os concertos de Sex Museum e Mi Capitán y Muñoz en...

Cancelados os concertos de Sex Museum e Mi Capitán y Muñoz en Vigo

Ataquilla procederá á devolución do importe das entradas a quen as teña adquiridas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os concertos de Sex Museum e Mi Capitán y Muñoz previstos para os días 20 e 21 de novembro no Auditorio Mar Vigo foron cancelados debido ás novas restricións establecidas para conter a pandemia.

Segundo trasladou o auditorio nun comunicado, esta medida foi adoptada debido ás actuais restricións sanitarias, que “impiden” o desenvolvemento das actuacións previstas para este mes.

Neste sentido, o auditorio olívico explicou que os aforamentos permitidos para o desenvolvemento deste tipo de actividades “impiden manter estes concertos en cartel”.

Por este motivo, avanzou que Ataquilla procederá á devolución do importe das entradas ás persoas que as adquiriron con anterioridade á cancelación dos eventos.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...