InicioSociedadeNovo triste récord na área de Vigo: oito mortos nun só día...

Novo triste récord na área de Vigo: oito mortos nun só día polo coronavirus

Galicia supera o milleiro de mortos pola Covid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia superou outro triste récord, e xa varios nos últimos meses. Desta volta, o de falecidos. Xa son 1.009 os mortos tras rexistrarse nas últimas 24 horas outras 21 novas vítimas mortais pola covid. Outra cifra que iguala os pasamentos hai xusto unha semana, o pasado 2 de novembro, e que tamén supuxo o segundo día con máis falecidos desde que se iniciou a pandemia. A última xornada que alcanzou estas cifras de falecidos foi o pasado 11 de abril, cando se informou de 23 mortes debido á incidencia da pandemia en Galicia.

Segundo informa a Consellería de Sanidade, “estes falecidos corresponden tamén ao reconto de fin de semana realizado por Saúde Pública e que hoxe se actualizaron tras comprobar que faleceran por covid”. Curiosamente, nos últimos días, o número de mortes facilitado pola Xunta descendera notablemente, entre nove, sete e cinco casos diarios.

O Sergas destaca que houbo falecidos en todas as áreas sanitarias, agás a de Santiago, que este luns saía da lista vermella de concellos. Na área sanitaria de Vigo, a máis afectada, os falecidos son oito. Unha muller e un home de 91 anos e outra de 85 que faleceron na residencia de Salvaterra de Miño. Tamén outro home de 78 que procedía deste centro faleceu no CHUVI.  Ademais, morreron unha muller de 91 anos, un home de 83 e outro de 86 e outro falecido máis do que a Xunta non informa porque “foi notificado a última hora”,  polo que aínda non teñen datos de idade é sexo.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...