InicioColapsada a centralita da Policía Local de Tui para pedir información sobre...

Colapsada a centralita da Policía Local de Tui para pedir información sobre o peche

A xente preguntaba, sobre todo, polas restricións para viaxar a Portugal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Tui  tramitou sancións a seis persoas que incumpriron as restricións establecidas para conter o avance da pandemia da COVID-19 durante este fin de semana.

Fontes do goberno local precisaron que se sancionou a estas persoas por incumprir o toque de queda –vixente na comunidade entre as 23,00 e as 6,00 horas–, non respectar o peche perimetral da localidade e viaxar nun mesmo vehículo a pesar de non ser convivientes.

Así mesmo, os axentes controlaron máis de 500 vehículos na contorna da antiga ponte internacional e outros puntos da localidade para vixiar o cumprimento do peche de perimetral da mesma, en vigor desde o pasado sábado. Deste xeito, os policías informaron das novas medidas establecidas a condutores procedentes de Portugal.

Tamén recibiron múltiples consultas telefónicas desde Galicia e Portugal sobre as medidas establecidas, o que provocou o colapso da liña móbil e fixa da Policía Local.

Por outra banda, pasadas as 23,00 horas deste sábado, os axentes deron o alto a dous vehículos cuxos condutores arroxaron resultados positivos no control de alcoholemia que triplicaban e duplicaban a taxa máxima permitida e incumpriron o toque de queda.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...