InicioSociedadeSobre a vacina de Pfizer. Non é o mesmo que sexa "eficaz"...

Sobre a vacina de Pfizer. Non é o mesmo que sexa “eficaz” a que sexa “efectiva” contra o coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os desarrolladores, Pfizer e BioNTech aseguran ter acadado a primeria vacina “eficaz” contra o coronavirus que teóricamente evitaría que máis do 90% da poboación cotraian COVID-19. Describírono como un “gran día para a ciencia e a humanidade”.

Pero o anuncio ten a súa letra pequena, pese ao punto positivo da noticia.

Falar de “eficacia” non é o mesmo que falar de “efectividade” nunha vacina. A “eficacia” mídense en condicións óptimas. Pola contra a “efectividade” mídese en condicións reais. Ese sería o obxetivo último da vacina, alcanzar a “efectividade”

Esta primeira vacina “eficaz” contra o coronavirus podería evitar que máis do 90% das persoas contraian Covid-19, segundo os resultados dunha mostra preliminar inicial.

A súa vacina probouse en 43.500 persoas en seis países e non se expuxeron problemas de seguridade. Ainda que a compañía matiza que só se analizaron os resultados en tan só 94 persoas.

Pero os datos presentados non son a análise final. Baséase nos primeiros 94 voluntarios que deron positivo na proba de Covid; a eficacia precisa da vacina pode cambiar cando se analizan os resultados completos.

As compañías planean solicitar unha aprobación de emerxencia para usar a vacina antes de fin do mes de novembro.

Hai ao redor dunha ducia de vacinas nas etapas finais da proba, coñecida como proba de fase 3, pero esta é a primeira en mostrar resultados.

Utiliza un enfoque completamente experimental, que implica inxectar parte do código xenético do virus para adestrar o sistema inmunolóxico.

Ensaios anteriores demostraron que a vacina adestra ao corpo para producir ambos anticorpos, e outra parte do sistema inmunolóxico chamada células T para combater o coronavirus.

Necesítanse dúas dose, con tres semanas de diferenza. Os ensaios, en Estados Unidos, Alemaña, Brasil, Arxentina, Sudáfrica e Turquía, mostran que a “eficacia” do 90% lógrase sete días despois da segunda dose.

Pfizer cre que poderá fornecer 50 millóns de doses para fins deste ano e ao redor de 1.300 millóns para fins de 2021.

Con todo, existen desafíos loxísticos, xa que a vacina debe manterse en almacenamento ultrafrío por baixo de -80º C.

Tamén hai preguntas sobre canto tempo dura a inmunidade e as empresas non presentaron unha desagregación da efectividade da vacina en diferentes grupos de idade.

O Dr. Albert Bourla, presidente de Pfizer, dixo: “Estamos a un paso significativo de brindar ás persoas de todo o mundo un avance moi necesario para axudar a poñer fin a esta crise de saúde mundial”.

O profesor Ugur Sahin, un dos fundadores de BioNTech, anunciou os resultados como un “fito”.

As empresas din que terán suficientes datos de seguridade para a terceira semana de novembro para levar a súa vacina aos reguladores.

Ata entón non é posible que os países comecen as súas campañas de vacinación.

ÚLTIMAS

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...