InicioSucesosDetido en Vigo un sexaxenario por esnaquizar o mobiliario dunha cafetaría

Detido en Vigo un sexaxenario por esnaquizar o mobiliario dunha cafetaría

Ocorreu rúa Rosalía de Castro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un home de 62 anos de idade, de Madagascar e sen domicilio coñecido, como presunto autor dun delito de danos, tras esnaquizar o mobiliario e un cristal dunha cafetaría da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron ao mediodía deste mércores, cando o 091 recibiu un aviso da presenza dun home nunha cafetaría da rúa Rosalía de Castro, que estaba a romper as mesas e as cadeiras, e que cunha delas rompera a lúa acristalada do establecemento, antes de fuxir cara á rúa O Porto.

Unha dotación policial desprazouse ao lugar e conseguiu localizar o sospeitoso nas inmediacións. A pesar de que o home emprendeu a fuxida á carreira foi finalmente interceptado polos axentes.

O dono da cafetaría explicou aos policías que, momentos antes, ese home presentouse no local e, sen mediar palabra, comezara a esnaquizar as mesas e cadeiras, e que rompera un cristal golpeándoo cunha das cadeiras. O prexudicado estima o custo dos danos nuns 1.000 euros.

O presunto autor dos feitos foi detido e trasladado a comisaría onde, lonxe de colaborar, negouse a facilitar a súa identidade e mesmo se resistiu a que lle tomasen as pegadas. O arrestado e as dilixencias practicadas foron postos a disposición do xulgado de instrución número 8 de Vigo.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...