InicioEconomíaPSA Vigo suspende a quenda de noite deste domingo para axustarse á...

PSA Vigo suspende a quenda de noite deste domingo para axustarse á “evolución da demanda”

A empresa lembra que a demanda é "especialmente inestable" no actual contexto de pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo comunicou este xoves ao comité de persoal a decisión de suspender a quenda de noite do sistema 2 o domingo 8 de novembro, co fin de axustar a produción á demanda do mercado.

Segundo confirmaron fontes da empresa, a decisión de suspender esa quenda no sistema 2, que monta as furgonetas na planta viguesa, responde a “un axuste natural” segundo as “evolucións da demanda comercial”.

Así, a empresa lembrou que esa demanda é “especialmente inestable” no actual contexto de pandemia e, ante ese escenario, a fábrica actúa “cos mecanismos de flexibilidade habituais acordados coa maioría sindical, que permiten adecuar a apertura sen afectar o emprego”.

ÚLTIMAS

Alacante, Sevilla, Londres e París, novos voos impulsados con 2,8 millóns de subvencións do Concello de Vigo

A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou o expediente de contratación para a...

A PLISAN estréase como área de apoio loxístico para o tráfico de vehículos do Porto de Vigo

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, informou este venres ao Consello...

Ata oito nenos feridos nun accidente entre un bus escolar e un camión en Vigo

Polo menos oito persoas resultaron feridas leves na mañá deste venres ao rexistrarse un...

Feijóo, o candidato que tivo que borrar a hemeroteca para falar de xestión

Por Pedro de CastroNo debate a catro do 26 de novembro, Alberto Núñez Feixóo...