InicioSociedadeVigo convértese no epicentro da segunda ola en Galicia tras duplicar casos...

Vigo convértese no epicentro da segunda ola en Galicia tras duplicar casos en só 10 días

1 de cada 5 positivos en Galicia dáse na área olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia entra en territorio descoñecido logo de rexistrar por terceiro día consecutivo un novo récord de contaxios diarios. Se o pasado sábado o Sergas informou dun total de 755 novos contaxios, este domingo a cifra total de positivos alcanzou os 785 en 24 horas.

Nin o toque de queda impulsado polo Goberno Central nin as medidas previas son capaces, polo momento, de deter unha segunda ola que medra con cada vez máis forza. Así é que Galicia, de acordo cos datos ofrecidos por sanidade para a mañá deste sábado, sitúase xa en cifras descoñecidas ata o momento: 8.762 casos. A cifra é moi superior ós apenas 3.500 rexistrados o 30 de abril, tralo cambio de conteo das institucións.

Nestas circunstancias, e seguindo as advertencias dos expertos, o virus semella estar a coller forza coincidindo coa chegada do frío e o regreso das actividades laborais e sociais a entornos pechados. A piques de rematar o mes de outubro, e cos datos do Sergas na man, pódese dicir que en 31 días Galicia multiplicou por dous os seus casos, pasando dos 4.251 do 30 de setembro ós case 9.000 antes mencionados.

Con todo, o incremento é moito máis acusado na área de Vigo, que, segundo apuntan os datos, vai camiño de consolidarse como epicentro desta segunda vaga de covid-19. Nos últimos 10 días, a área olívica pasou de 900 casos activos a 1924, un incremento do 113’7% que a sitúa como o punto máis afectado de toda Galicia, moi por diante de A Coruña ou Ourense. Os datos de Vigo chegan a quintuplicarse entre o 7 de outubro (390 casos) e o sábado 31, cando rexistra 4’93 veces máis positivos que entón.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...