InicioMedio Ambiente e PatrimonioAtribúen ao cruceiro de Covelo financiamento e simboloxía masónicas

Atribúen ao cruceiro de Covelo financiamento e simboloxía masónicas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O escritor Maximino Fernández Sendín defendeu este sábado, na Casa Museo Pazo La Cruz, en Covelo, ante un grupo de persoas interesadas na cultura, entre elas o alcalde de Covelo Pablo Castelo, e a concelleira de Cultura, Mª Soidade G. Arjones, que o monumental cruceiro de Covelo alberga un boa cantidade de símbología masónica e que é “máis que probable que a persoa que o impulsou e costeou, Juan Antonio Tielas Fontán, fora masón”.

Fernández Sendín afirma contrastar os resultados da súa investigación con membros da masonería, que afirmaron que sen dúbida se trata dunha obra que contén moita simboloxía masónica e, “como é lóxico, probablemente, impulsada por un masón”.

Este cruceiro, de 1899, dedicado ao Santísimo Cristo dos Aflixidos, que preside a praza do Concello de Covelo, está considerado como un dos máis importantes de Galicia, único entre os máis de 10.000 que existen na comunidade galega.

O distintivo é que os outros cruceiros son netamente relixiosos. Con todo, o covelense conta con catro alegorías profanas no basamento, a case tamaño natural, que simbolizan a Industria, a Agricultura, as Artes e a Xustiza. Ademais de ser un dos máis monumentais, pola súa maior riqueza iconográfica.

O cruceiro de Covelo é obra do xenial mestre canteiro José Cerviño (alcumado Pepe da Pena), autor tamén do mundialmente coñecido Cruceiro de Hío, obra cume da cantería galega nesta especialidade.

ÚLTIMAS

Vigo pide o cesamento da conselleira de Medio Ambiente pola súa “irresponsable xestión” da presa de Eiras

O pleno de Vigo aprobou, cos votos a favor dos socialistas e a abstención...

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...