InicioPolíticaO PP de Vigo denuncia o "abandono" da Salgueira, por onde "o...

O PP de Vigo denuncia o “abandono” da Salgueira, por onde “o alcalde non pasou en 13 anos”

Critica beirarrúas estreitas e deterioradas, problemas de abastecemento de auga e rede de sumidoiros, ou falta de coidado das árbore.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo denunciou este xoves o “abandono” do barrio da Salgueira, e criticou que o alcalde, Abel Caballero, “non pasou nunca” por alí nos seus 13 anos de goberno local.

Os edís ‘populares’ Alfonso Marnotes e Jesús Marco percorreron as rúas do barrio xunto a algúns veciños e constatou as deficiencias dunha zona que se atopa preto do centro urbano de Vigo e que, con todo, non recibe investimentos para mellorar infraestruturas e humanizar a contorna.

Entre esas deficiencias, criticaron a falta de seguridade para os peóns, con beirarrúas estreitas e deterioradas, problemas de abastecemento de auga e rede de sumidoiros, ou falta de coidado das árbores, que “se coan polas xanelas e levan anos sen podarse”.

O portavoz do grupo, Alfonso Marnotes, denunciou que, a pesar de ser un barrio “moi céntrico”, A Salgueira está “abandonada”.

“Abel Caballero non pasou nunca por aquí, en 13 anos non houbo ningún investimento municipal e os veciños pagan igual os seus impostos“, proclamou.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...