InicioEconomíaCaballero impulsará unha fronte común do naval vigués para optar ás axudas...

Caballero impulsará unha fronte común do naval vigués para optar ás axudas a fondo perdido da UE

O rexedor olívico subliñou que "é imprescindible" que "o conxunto do naval vigués" presente un proxecto á UR para optar a eses fondos e acometer a modernización dos estaleiros, empresas auxiliares, etc., e incrementar a súa competitividade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves que impulsará unha fronte común con empresas do sector naval da cidade para presentar proxectos e optar a axudas do fondo de recuperación económica de 72.000 millóns de euros que a UE entregará a España.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico subliñou que “é imprescindible” que “o conxunto do naval vigués” presente un proxecto á UR para optar a eses fondos e acometer a modernización dos estaleiros, empresas auxiliares, etc., e incrementar a súa competitividade.

Segundo incidiu, parte deses 72.000 millóns de euros irán destinado á mellora do sector industrial e por iso, avanzou, contactará con todos os estaleiros da cidade, empresas auxiliares, patronal e sindicatos “para estudar unha formulación conxunta de mellora colectiva, engarzado neses fondos para industria”. “Temos que aproveitar esta ocasión”, proclamou.

Nese sentido, sinalou que estas axudas a fondo perdido poden axudar ao naval vigués, co maior conglomerado de estaleiros privados de Europa nun mesmo territorio, a porse “á vangarda en tecnoloxía” e mellorar a súa competitividade.

ÚLTIMAS

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...

A Universidade de Vigo crea unha cátedra con BorgWarner para reforzar a formación tecnolóxica e a captación de talento

A Universidade de Vigo e a empresa BorgWarner Emissions Systems Spain formalizaron este venres...

O afundimento dun pesqueiro portugués en Bouzas obriga a despregar barreiras anticontaminación

O afundimento dun pesqueiro portugués abandonado, que se atopaba atracado na dársena de Bouzas,...

Vigo convértese no epicentro da oncoloxía de precisión coa reunión de 150 expertos nacionais

A sede de Afundación en Vigo acolle este xoves e este venres o VIII...