InicioPolíticaO PP pide a Caballero que exerza as súas competencias para loitar...

O PP pide a Caballero que exerza as súas competencias para loitar contra a pandemia e que “deixe de enlear”

Pídelle que adopte medidas como sancionar a quen non leva máscara, reforzar os buses urbanos en horas 'punta' e que intensifique a vixilancia policial dos 'botellóns' ou das festas particulares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo pediu este luns ao alcalde da cidade, Abel Caballero, que exerza as súas competencias para loitar contra a pandemia de COVID-19 e que “deixe de enlear” cos datos e “atacar” á autoridade sanitaria.

Os ‘populares’ reclamaron ao rexedor que adopte medidas como sancionar a quen non leva máscara, reforzar os buses urbanos en horas ‘punta’  e que intensifique a vixilancia policiais dos ‘botellóns’ ou das festas particulares. “Os contaxios en Vigo subiron e o alcalde non fai o suficiente para evitalo”, denunciou o portavoz do PP, Alfonso Marnotes.

O edil pediu a Caballero “que deixe de frivolizar e especular coas luces de Nadal”, porque “está a mandar mensaxes equívocas e agora non é o momento”. “Todos vimos como esta fin de semana o Casco Vello era un fervedoiro de xente. Se non ten axentes de policía suficientes, aplíquese”, engadiu.

Segundo apuntou Marnotes, o alcalde, por unha banda, di obedecer á autoridade sanitaria pero, por outro, “critícaa e desobedece”. “Non se pode dicir que non hai diñeiro para desinfectar parques e despois licitar a nora, o mercado e as atraccións (…). É momento de que os líderes políticos estean á altura”, proclamou o portavoz municipal do PP.

MAREA DE VIGO

Por outra banda, o grupo municipal Marea de Vigo urxiu ao goberno local a actuar “con responsabilidade” nesta crise sanitaria e alertou contra unha posible “relaxación” por parte do Concello, que podería facer que o esforzo dos últimos meses na loita contra a pandemia se vise “truncado”.

A ese respecto, pediu ao goberno local actuar de modo “exemplar” e velar porque todos os eventos programados e por programar se axusten a un protocolo “exhaustivo e rigoroso” conforme ás indicacións sanitarias.

Nesa liña, Marea de Vigo advertiu de que a cidade non pode afrontar a campaña do Nadal “coma se estivese á marxe da situación global”. Así, incidiu en que todos os eventos deben “adaptarse á realidade, tendo en conta os principios de sensatez e prudencia”, porque “non é o momento de ostentosos e rimbombantes fastos, senón de priorizar a humildade, a prudencia e a responsabilidade”.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...